domingo, 6 de febrero de 2011

UN NIÑO DOURADO.


 
Un paporrubio abrigouse
nas pallas aterecido.
No celeiro de avó
atopou o fogar perdido.

Soñou cun niño dourado
con ovos e paxariños
con fitas de ouro e prata
que alumean os camiños.

Soñou con fontes e ríos
con flores e bolboretas
cunhas raiolas de sol
pintadas nas camisetas.

Coas mans cheas de cariño
meu avó me agasallou
coa súa angustia no peito
ao paxaro aloumiñou.

Entre aloumiños piaba
comprendín o seu lamento
abrín as mans inocente:
Deixeino voar co vento.

Canta na Veiga da porta
ollando cara o celeiro
acórdase do seu niño
  entre as pallas do palleiro.

Asomada na ventá
Sinto os trinos: Corazón!
pedindo agradecido
unha sentida oración.

Mª OLGA VIDAL VIDAL


No hay comentarios: