Cando peta a ledicia
nun corazón peregrino
queda abraiada a mirada
coa beleza de Galicia.
Baleiro de tristura
e fillo da nosa terra
dalle unha aperta
en Compostela.
Enchido de consolo
recordará:
Que gañou o Xubileo
levando
o sorriso da
lúa
nun campo poboado de estrelas.
Mª Olga Vidal Vidal
(25-07-2014)
No hay comentarios:
Publicar un comentario