Falo coa lingua da
brétema
da sombra dos sargazos
das mareas que
esqueceron
aos anacos dun naufraxio.
Nacín aberta
a fondear arquitecturas
na túa ventoeira
para restituir
a chuvia no océano
.
Quixera tecer proxectos
fiando enredos
destronar o imposible
para que agrome a esperanza
pendurada,
na ledicia,
dos que te aman:
Con terca intensidade.
1 comentario:
Podes Poeta. Podes"tecer proxectos fiando enredos" e podes"destroar o imposible"coa ferramenta precisa e doce da túa linguaxe e tamén podes facer que reste para sempre detida na amorosidade destes versos.
Publicar un comentario