rescatado da noite a
pulso,
mentres o tempo se desboca.
Non hai nada detrás da imaxe
e o instante translúcido péchase.
Un traxe de lume recóbreme,
ardo, sen consumirme,
e busco unha mirada na auga .
Un pasadizo de espellos
mentres o tempo se desboca.
Non hai nada detrás da imaxe
e o instante translúcido péchase.
Un traxe de lume recóbreme,
ardo, sen consumirme,
e busco unha mirada na auga .
Un pasadizo de espellos
repítese como un fulgor
que perde a transparencia
e conxélase como alma
xemelga da lúa.
Descúbrome
quebrada e branca.
Falo co vento.
Nun golfo de luz, o silencio,
esparéxese en ondas verdes
cando dous se bican
e recoñécense,
no espello,
dun arrecife da tarde.
que perde a transparencia
e conxélase como alma
xemelga da lúa.
Descúbrome
quebrada e branca.
Falo co vento.
Nun golfo de luz, o silencio,
esparéxese en ondas verdes
cando dous se bican
e recoñécense,
no espello,
dun arrecife da tarde.
2 comentarios:
encontrarse, reconocerse y bailar
al son del silencio, en instntes de eternidad. Bello poema.
Fantastico!!!! precioso Olga.
Publicar un comentario